Quen somos?

Veciños e veciñas de Cuntis e das súas parroquias, poñendo en común o que nos une e con vontade de traballar e axudar tanto no inmediato como na creación das posibilidades do mañá.

Veciñanza obtivo 672 votos, o 22’36 %, que se transformaron en 2 representantes na Corporación Municipal saída das eleccións do 24 de maio. O Grupo Municipal de Veciñanza e a súa acción institucional só son unha área máis do traballo asembleario que continúa segundo as liñas políticas nas que se sustenta a nosa agrupación.

En coherencia coas análises previas e coas necesidades que presenta a situación socioeconómica do noso municipio, apoiamos a investidura do actual Alcalde como paso ineludible para forzar un necesario cambio político en Cuntis, en consonancia coas posibilidades aritméticas xurdidas das urnas.